Monday 16 de September de 2024

O Samaín de San Sadurniño trasládase á Casa da Cultura


Ante o anuncio de que este venres vai vir chuvioso, a Concellaría de Cultura de San Sadurniño decidiu modificar a programación do Samaín trasladándoo á Casa da Cultura.

No auditorio poderán verse as pequenas representacións que tiña preparadas a veciñanza para os distintos puntos do percorrido previsto inicialmente, que xa se tivo que suspender o sábado pasado por causa do mal tempo.

Mantense, porén, a parte final do Samaín, xa que unha vez remate a sesión no centro cultural, público e actrices/actores trasladaranse ao claustro do Convento do Rosario para gozar dunha última sorpresa e dun magosto popular seguido de foliada.